O proxecto Life do Concello, premiado no congreso da enxeñaría en madeira de Seúl

Investigadores da Plataforma de Enxeñaría de Madeira Estrutural (PEMADE) da USC recibiron un galardón no Congreso Mundial de Enxeñaría da Madeira (WCTE 2018, Seúl -República de Corea-) polas investigacións desenvolvidas para o deseño e construción da cuberta gridshell construída recentemente no Campus Terra ao abeiro do proxecto Life Lugo + Biodinámico. O Concello de Lugo lidera este plan, no que participan a Deputación e as universidades compostelana e a Politécnica de Madrid, e que ten como obxectivo o desenvolvemento urbano sostible.

O Congreso de Enxeñaría da Madeira de Seúl é o máis importante do mundo neste eido. Celébrase cada dous anos e reúne a enxeñeiros, arquitectos e especialistas da madeira de todos os continentes.

O proxecto Life Lugo+Biodinámico conta cun orzamento de 3,5M€ e ten como obxectivos, por unha banda, a implantación a través de actuacións innovadoras dunha estratexia de desenvolvemento urbano sostible, e por outra, a introducción dun novo modelo productivo, co uso da madeira como elemento estrutural de construción, material que reduce a emisión de dióxido de carbono e impulsa o sector forestal, tanto a nivel dos productores, pois ábrense novas saídas para o producto e aumenta o seu valor engadido, como da industria da madeira.

O traballo para a construción da estrutura foi desenvolvido por enxeñeiros e arquitectos da Universidade de Santiago de Compostela e da Politécnica de Madrid: Antonio José Lara Bocanegra, Antonio Roig, Almudena Majano Majano e Manuel Guaita, que presentaron unha nova cuberta de tipo gridshell elástica, a primeira realizada en España e a primeira no mundo que emprega como material a madeira de Eucalyptus globulus.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com