" />

A obra “Emperador, que pensas? Fala!”recadará fondos para Lazos Invisibles

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, o representante de Hipócrita Teatro, Carlos Iglesias, e a secretaria do colectivo Lazos Invisibles, Rosa María Cadahía, presentaron este luns no Salón de Plenos a función teatral solidaria “Emperador, que pensas? Fala!”, que terá lugar o domingo, 22 de xaneiro, ás 18:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire e coa que colabora o Concello.

Durante a presentación, Ana González Abelleira destacou que “este acto solidario a favor da asociación Lazos Invisibles pretende abordar un asunto de tanta relevancia como é a violencia machista e convidou a toda a cidadanía a asistir, xa que gozarán do teatro e colaborarán con este colectivo”.

Pola súa banda, Carlos Iglesias agradeceu a colaboración do Concello, explicando que “dende Hipócrita Teatro están encantados de poder colaborar, aínda máis se cabe para facer máis visible esta asociación, que trata de axudar ás mulleres e a todas as vítimas de violencia de xénero”.

Finalmente, Rosa María Cadahía lembrou algunha das necesidades importantes do colectivo, como “crear un banco do tempo para os nenos e nenas e sobre todo a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia”.

Lazos Invisibles é unha asociación sen ánimo de lucro composta por mulleres vítimas de violencia de xénero. Entre os seus fins, ademais de traballar pola igualdade de xénero e o benestar das vítimas, atópase tamén o de axudar a todos aqueles colectivos en risco de exclusión social.

Entradas

As entradas xa poden adquirirse en Rescate Tenda Solidaria, na rúa Camiño Real, ou no local do colectivo AXEL, na rúa Montero Rios, por un prezo de cinco euros. Todo o diñeiro recadado irá integramente destinado a favor da asociación Lazos invisibles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo